Sunday 12 de May de 2024

Enquisa de satisfacción da piscina municipal Iván Raña


Poderase cubrir manualmente ou ben co formulario en liña publicado na páxina web do Concello. A iniciativa, coa que se pretende mellorar o servizo, levarase a cabo durante todo o mes de xuño

Co fin de coñecer o nivel de satisfacción dos usuarios e usuarias con respecto ás instalacións deportivas da piscina municipal climatizada Iván Raña, o Departamento de Deportes do Concello de Ordes está a elaborar unha enquisa dirixida a todos os usuarios e usuarias. Esta pódese solicitar na recepción das instalacións e cubrila manualmente, ou ben a través do formulario en liña que se atopa na páxina web do Concello, ao cal se pode acceder a través do seguinte enlace: http://bit.ly/2rrZfmE. En ambos os casos a enquisa é anónima.

Con esta iniciativa preténdense concretar aqueles aspectos que supoñan unha mellora no servizo, tanto a nivel de instalacións como no asesoramento, clases e servizos ofertados.